Instrucións para empregar con xeito o poemarionova.

  1. Descarga o arquivo en PDF e mais o DOC. Emprega o DOC para escribir o teu poemario e o PDF en caso de que teñas problema coa compatibilidade no formato.
  2. No arquivo DOC vai substituíndo todo aquilo que vaias encontrando polo que se indica na súa propia descrición e seguindo as notas que encontrarás ao final do documento. Mantén o formato de cada elemento (tipografía, tamaño…). Non poñas en itálica nada que non se che indique. Se algo está aliñado á dereita ou á esquerda, manteno no seu sitio.
  3. Non empregues maiúscula nin nos poemas, nin nos títulos dos poemas nin no título do poemario.
  4. A tipografía que emprego no título do poemario (na capa) é Beautiful Every Time, a dos créditos da segunda páxina é a Tw Cen MT Condensed e a do resto do poemario é a Californian FB. Se queres empregar outras tipografías, faino con xeito.
  5. Para a capa, emprega unicamente as ferramentas de debuxo do teu editor de texto.
  6. Se tes algunha dúbida, faima chegar vía formulario ou no Twitter.
  7. Cando remates o teu poemario, gárdao en PDF e envíamo a poemarionova@gmail.com. Se non queres que o vexa ninguén máis, dimo e gárdoo baixo chave.
  8. Dálle!

poemarionova [PDF] / poemarionova [DOC]

Advertisements