Tras compartir unha interesante parola o mércores pasado en Vigo, abrollan novas datas outonais. Ao tempo, outras citas (pobriñas) padecen cancriños pequenos como bombas atómicas de marca branca e parece que teñen a vontade de desaparecer do meu almanaque poético-festivo.

Máis adiante informarei con detalle de cada un dos eventos, pero xa podedes organizar as vosas vacacións (u-las?) tendo en conta que:

  1. O 25 de outubro estarei en Vigo interpretando ao fagot eléctrico la poesía de toda una degeneración.
  2. O 8 de novembro andarei pola Coruña falando de poesía e do pouco que me importa a hipótese de Riemann aplicada aos bañadores que se chaman a si mesmos “trajes de baño”.

Conclusión: nunha loita a hostia limpa entre o peito esquerdo e o peito dereito de Topanga Lawrence-Matthews, non gaña ninguén.

Advertisements