PENEQUE FB

Hai unhas semanas agarreina boa en Compostela e acabei asaltando a barra d’As Dúas para poñer música. Non preguntedes cómo, pero seica prometín que en decembro armaba un evento lúdico-festivo alí.

Peneque? Si, pero cumpridor.

Ao final, o asunto fica configurado así:

  • Data e hora: xoves 11 de decembro, ás 21.00
  • Lugar: As Dúas, Praza da Oliveira, Santiago de Compostela.
  • Cancións do bingo: cancións de bandas de Galicia deste século.
  • Premios: bebidas, comida, camisetas…
  • Obxectivo: le absolut penequisma.

Consulta o resto da información do asunto desde o evento do Facebook.

Xa sabedes. O xoves 11, todo cristo a xogar ao bingo n’As Dúas!

Advertisements