CADERNOS 1

Preséntoche os cadernos nos que me encarguerei de escribir a man o meu novo poemario. Son uns pequenos bechos dunhas cento e pico follas, elaborados integramente a partir de material reciclado e dun tamaño de 15×10’5 cm.

Volvo explicar brevemente en que consiste todo isto (o pracer da repetición) antes de comentar cómo poderás conseguir o teu exemplar:

  • O meu novo poemario estará escrito a man.
  • Cando digo que vai ir escrito a man, quero dicir que SÓ vai ir escrito a man. Os textos desta fornada non verán a luz de ningún outro xeito.
  • Cada un dos exemplares terán unha parte de material único. Cada exemplar vai ser único. Vai ser irrepetible. É agora ou nunca.
  • Só se poderán reservar previa demanda. Isto é un pacto entre ti mais eu. Un cara a cara.

CADERNOS 2

Ben. Fica dito. Agora moito ollo porque se queres un exemplar, deberás saber que:

  1. Só se publicarán 15 exemplares do poemario.
  2. Os exemplares asignaranse por orde cronolóxica de reserva. Quen o pida primeiro, terá un exemplar. Se chegas tarde, ficarás sen o teu poemario.
  3. Cada exemplar terá un valor de 25 ouros.
  4. Os poemarios entregaranse en xuño. Buscarase a forma menos custosa e máis sinxela de realizar a entrega para cada persoa.
  5. A reserva pódese realizar desde xa enviando un correo a omeupoemario@gmail.com. Indica no correo que desexas reservar o teu exemplar canda o teu nome completo. Nuestros responsables de atensión al cliente se pondrán en contacto con usted.

Podes consultar calquera asunto con respecto a todo isto no mesmo enderezo de correo.

É agora ou nunca, sabías?

[ACTUALIZACIÓN]

Pois esgotáronse os exemplares en menos de dúas horas… Estou totalmente sorprendido!

Con todo, se non chegaches a tempo, anímoche a que igualmente mandes un correo a omeupoemario@gmail.com e pasarás a unha lista de espera. No caso de que algunha reserva se caia, informaráseche debidamente.

Agradecido enormemente a todo o mundo!

Advertisements