rosalía

Hoxe celébrase El Día Loco de Rosalía de Castro para conmemorar que xa hai máis institutos e rúas co nome da poeta que de Castelao. Tremendo win!

Para celebralo, acaba de publicarse unha obra colectiva na que colaboramos 150 escritores titulada 150 Cantares para Rosalía [PDF]. A idea era que a cada persoa se lle desen uns versos de Rosalía para que armase un novo texto a partir deles. Es muy fásil, si lo piensas.

Ao ir en orde de nacemento, o meu texto aparece cara ao final, na páxina 391. Con todo, deixo tamén aquí a miña colaboración:

Texto de Rosalía

Págueche Dios, bon poeta,
esa esperanza de groria,
que de teu peito surxindo,
á Virxen-mártir coroa;
i ésta a recompensa sea
de amargas penas tan fondas.

Texto de Samuel L. París a partir dos versos de Rosalía

carricanta de oitocentos tetos
que
como un alvia calquera
escaralla o sorriso de todos os stringer bells (business)
e todas as feminimigas dos alvia-madrecita

[CORO DE NEGROS MONGOLOIDES]

a vida só é un vidro que se move demasiado rápido
a vida só é unha ruleta soviética e ti sabes por qué nos odias
a vida só é unha esperanza que esvara dun teto agre
we don’t need to dream no more (we don’t need to dream no more)

págueche dios bon poeta / págueche mil veces dez mil / esa esperanza de groria / que de teu peito surxindo / infectado xa no amencer dos soles infectados / a virgen-mártir coroa / … / i esta a recompensa sea / de amargas penas tan fondas / e escuras

carricanta de oitocentos tetos infectos
que
como un alvia calquera aberto en oito
escaralla o sorriso significándose ácrata mil veces dez mil

Advertisements