LANZAMENTOO importante non era chegar lonxe; era todo o que vías desde a fiestra durante a viaxe ou a escasa diferenza entre un home e un rato cando tes o embigo a anos luz das contras do teu cuarto.

Lánzase un novo podcast coa materia poética como combustible fósil. Sonoriza o teu estómago e a túa alma con Poética Lunik.

Estrean o perigoso artefacto dándolle vida a un texto do meu Inflamable. Escoita a Nieves Rodríguez lendo algo que escribín coas mesmas mans coas que constrúo os postes das porterías na praia.

http://www.ivoox.com/pl001-samuellparis_md_4308468_wp_1.mp3″
Advertisements