Da Galician Poetra

Escoita e descarga a gravación íntegra dos recitais que ofrecín no V Ponme un Poema en Allariz o 24 de marzo de 2018 desde o meu BandCamp: Da Galician Poetra.

Catro recitais realizados en catro bares, nos que se condensa todo o preciso para acadar a autoinsuficiencia poético-persoal.

 

A continuación, unha explicación do que vas encontrar.

  • Venza sus miedos y escriba poesía hoy

Poemario de autoaxuda para quen é algo choromicas e non dá escrito poesía: a fórmula infalible. Porque, se algo necesita este mundo, é máis xente escribindo puta poesía.

Claro que si.


  • Los jugadores del Deportivo andan como motos

O mellor once da historia do R.C. Deportivo seleccionado por Samuel L. París.

Textos do poemario á reviravolta.


  • Le retro chuminauskas

C’est la magnifique poemariütenh, avec le textualdos from la chumin in da mornin.


  • Sesión infantil

Poesía para infantes, con textos dos poemarios paxariños, case todos os gatos que fun, poesía cativa. vol. 1: os animais e poesía cativa. vol. 2: mundo verde.

Educar os teus fillos é máis sinxelo do que pensabas.


  • Todo lo que necesita saber sobre Galician Literature en apenas 10 minutos

Cabanillas, Pondal, Curros Enríquez, Rosalía de Castro… O resume que che levan ocultando desde que xogabas en prebenxamíns e que che permitirá intervir en tertulias literarias coa estúpida solvencia de quen aínda cre na poesía (coma quen).

Importante: a partir do minuto 9:30 o poeta xace no chan cos ollos pechados e os brazos en cruz.


  • Caos, orde e caos outra vez

O traballo de fin de mestrado que debería estar enmarcado e colgado na porta do Panteón de Galegos Ilustres: anarquista, sexual e necrófilo.


Advertisements