Durante o confinamento de 2020 (lembras?), ademais da proposta Miña poesía, meu lar, chegoume un convite para participar nuns recitais na conta de Instagram de Beber Leite Edicións, dentro dun ciclo que chamaron #CoronaIpsum.

Cando se publicou este vídeo aínda non rematara o Zero Pedrolo, pero pareceume unha boa oportunidade para probar algúns dos textos.

Aquí tes o resultado. E o de que sexa vídeo vertical é porque era para Instagram, mofetas.