Comezamos o 2021 forte! O 2 de xaneiro estarei o CVC de Valladares, en Vigo, a partir das 18.30 facendo parte da programación do XXIII Certame Internacional de Regueifas, no que será unha sesión complementaria a todo o que é le competitione avec la regueifisma e que contará tamén con Carlos Meixide, 8mm Teatro e coa presentación e recital de Lara do Ar.

IMPORTANTE!

Para acudir é necesario facer a reserva nesta web e cumprir os protocolos sanitarios e de vestimenta da nova normalidade (nada de aparecer cos calzóns polos nocellos).

Para quen non poidades acudir, tamén teredes dispoñible un streaming do asunto.

O asunto éche unha poesía molto seria

—Samu, e ti que vas facer?

—Poemas de ontemañá. Que se onte é onte, ontemañá é claramente hoxe.

—Pero que dis?!