O xoves 9 de setembro estarei representando ao equipo docente de MBA MAL no Carballo Interplay 2021 no “Masters da internet. 1º encontro transversal de creación galega online”, que, probablemente, sexa o evento coa denominación máis axustada á realidade de todos os celebrados na Europa occidental nos últimos trinta anos. Participarei no primeiro dos seus paneis: “Youtube e Podcast”.

Estarán tamén metidos no allo Isaac de Podgalego, Carme de Café Derby 21, Olaxonmario e Nee Barros. Conducirá o asunto Alba Mancebo. Como proposta formal, Isaac mais eu diremos aleatoriamente cousas como “eh, bro” para intentar mimetizarnos co ambiente.

Podes botarlle un ollo ao resto do programa na web do asunto e mesmo reservar as entradas para ti e o teu asesor fiscal.

El empate nos vale.