Posted by pararaparis | Filed under Pratos do día
Coaching
10 Sábado Nov 2018
10 Sábado Nov 2018
15 Martes Mai 2018
Posted Especial da casa
inEscoita e descarga a gravación íntegra dos recitais que ofrecín no V Ponme un Poema en Allariz o 24 de marzo de 2018 desde o meu BandCamp: Da Galician Poetra.
Catro recitais realizados en catro bares, nos que se condensa todo o preciso para acadar a autoinsuficiencia poético-persoal.
A continuación, unha explicación do que vas encontrar.
Poemario de autoaxuda para quen é algo choromicas e non dá escrito poesía: a fórmula infalible. Porque, se algo necesita este mundo, é máis xente escribindo puta poesía.
Claro que si.
O mellor once da historia do R.C. Deportivo seleccionado por Samuel L. París.
Textos do poemario á reviravolta.
C’est la magnifique poemariütenh, avec le textualdos from la chumin in da mornin.
Poesía para infantes, con textos dos poemarios paxariños, case todos os gatos que fun, poesía cativa. vol. 1: os animais e poesía cativa. vol. 2: mundo verde.
Educar os teus fillos é máis sinxelo do que pensabas.
Cabanillas, Pondal, Curros Enríquez, Rosalía de Castro… O resume que che levan ocultando desde que xogabas en prebenxamíns e que che permitirá intervir en tertulias literarias coa estúpida solvencia de quen aínda cre na poesía (coma quen).
Importante: a partir do minuto 9:30 o poeta xace no chan cos ollos pechados e os brazos en cruz.
O traballo de fin de mestrado que debería estar enmarcado e colgado na porta do Panteón de Galegos Ilustres: anarquista, sexual e necrófilo.
05 Luns Mar 2018
Posted Pratos do día
inO 24 de marzo estarei en Allariz, convidado pola Fundación Vicente Risco, no V Roteiro Poético Ponme un Poema. A partir das 20.00 darei catro recitais en catro bares*, nos que, ademais, seica van preparar un pincho con maridaxe especial para a ocasión.
Recomendo vir xa desde o comezo para ir tomando boa nota de como inflúe o mencía na interpretación poética de textos propios e elaborar unha infografía con ceras brandas. Ornitoloxía do choio lírico. Asexar por entre LOS SERVILLETEROS como é que se comporta LE RECITATEUR: o movemento das súas pálpebras, os acenos ao camareiro de “pedín 1906 de caña, non un tercio”, le traspiés avec le linguini, danzar como un robot de cociña mentres citas a Manuel Antonio cunha croqueta na boca.
Os bares a través dos que percorrerá esta orxía de metáforas e calambures serán o Bule Bule, A Micalla, A Despensa do Alarico e o Roi Xordo. No cartaz ata hai un mapa para que o poidas imprimir nun folio con pouca gramaxe e, así, superpoñelo sobre a pantalla do teu smartphone e ubicarte cando vaias como un lacasito.
Obxectivo do roteiro: resumir en catro recitais todo o que necesitas saber sobre a literatura dos últimos 5.000 anos e a primeira tempada da serie “A Nanny”.
O 24 de marzo de 1905 morría Jules Verne. 101 anos despois, o 24 de marzo de 2006, ETA daba comienso a un alto el fuego, bajando las manos, moviendo la sintura, hacernos eso ay-ay-ay.
O 24 de marzo 2018 volve (non foi sen tempo) a poesía a Galicia.
Mata o can. Viva a rabia!
*Joder, refírome a que vai ser un recital por bar, non catro recitais en cada un! Dezaseis putos recitais… Vaia puto sinvivir**.
** Aínda que estaría simpático coller e armar catro recitais en cada un dos bares alegando confusión pola miña parte. Pecar por exceso. Desbordar por unha mala interpretación gramático-matemática.
04 Xoves Xan 2018
Posted Especial da casa
inO pasado 25 de novembro din o meu último concerto como baixista da Terbutalina. O día seguinte deixei, tamén, de ser o encargado de xestionar a web e mais os diferentes perfís da banda nas redes sociais.
Agradecido a todos os terbutalinos que pasaron pola banda e aos que quedan nela por todos os momentos vividos durante eses 7 anos e pico, polas horas e horas de ensaios, furgo, concertos, festas, conversas, gravacións, amizade e compañeirismo.
Agradecido a quen estivestes (e estades) aí sempre nas boas e nas malas. É unha sorte mirar atrás e observar a sorte que tiven de coñecer a tantísima xente boa.
E agora?
Avanzar.
26 Mércores Xul 2017
Posted Pratos do día
inReveladores datos? Claro que si.
30 Martes Mai 2017
Posted Pratos do día
in…quando é refinado em fornalha ardente.
27 Xoves Out 2016
Posted Pratos do día
inHai unhas semanas, publicouse en BiosBardia unha crítica do meu poemario Inflamable.
—Para isto volves ao blog? Para dicir que se publicou unha crítica a un poemario teu de hai 4 anos? Vaia tipo, eh?
—Pe-pe-pero…
Prestoume (e asustoume) caer na conta de que xa pasaran 4 anos desde que lanzara o libro e tamén me lembrou que (hostia!) eu escribía. Con respecto ao artigo, alén das moitas boas palabras con respecto á obra (agora escribo palabras como “alén”), creo que, sobre todo, estou de acordo nas eivas que o autor da crítica encontra no poemario.
—¿Qué dices, Samuel? Volves escribir un artigo no blog só para dicir que estás de acordo nos puntos negativos dunha crítica da túa obra?
—Si, para iso, para garantisar la gobernabilidá y para alguna cosita más. Le o seguinte parágrafo.
A coña é que xa levaba con ganas de retomar a poesía (ahá!) e teño algo en mente para os vindeiros meses. Un proxecto que me podería prestar (diría yo) tanto como o de escribir un poemario a semana ou o de escribir poemarios a manopla.
Sempre que escribo “parágrafo”, realmente estou pensando “párrafo, párrafo, párrafo”.
19 Sábado Mar 2016
Posted Pratos do día
inNon escribo nadita (na-di-ta) porque estou fabricando un tanque (mentira) e tocando con el grupo antes (e agora) conocido como Terbutalina. Estas son as datas da actual xira, pero hai algunhas máis que se anunciarán cando toque, porque as cousas hainas que facer ao ritmo que merecen.
Non podes sacar unha tortilla moi pronto do lume porque resultaría unha funesta paparrota, non? Pois neste caso pasa o mesmo.
Contemporizar. Callar. Tortilla con cebola.
—Samu, ¿este artícolo es para demostrar que estás vívido o para escusarte por no escribir textos poéticos en la lengua de Gómez Besteiro?
—Para ámbalas e entrámbalas cuestións, cual milanesa de pechuga de poglio o alce de buey.
31 Xoves Dec 2015
Posted Pratos do día
inOs últimos dous anos aproveitei estas datas para anunciar proxectos como o do poemario semanal ou o dos poemarios feitos a man. A lóxica di que non pode haber dous sen tres, mais ímoslle volver un bofetón á lóxica one more time. Vale que teño varios proxectos relacionados coa poesía (poesía, oístes?) en mente que quero materializar ao longo do ano, mais agora toca darlle de beber de mamar a outras prioridades. Entre estas prioridades está a de poñerme en paz coa literatura e con todo o que a rodea.
—¿Qué la rodea, Samu? ¿Mouchos?
Non, mofetas! Con todo, o 2015 foi un bo ano. Foi un gran ano. O dos poemarios feitos a man ao longo de todas as súas fases, pero destacando as entregas, resultou ser moi especial dado que…
—Samu, ¿vas a hacer un post de “mis niñxs, os quiero muchísimo” y esas mierdas?
Si, tes razón. Veña, remato este artigo no que, finalmente…
E o 2016 vai ser aínda mellor que o 2015.
Tiñas plans?
27 Martes Out 2015
Posted Pratos do día
in—Pero as anacondas non dan leite.
—Si, se llo buscas con cariño.
Hai uns anos, Estíbaliz Espinosa propúxome botarlle unha man para traducir un libro de José Luis Ducid.
Tempo despois, aquí tedes o Leite seleccionado adicionado de leite en po reconstituído enteiro pasteurizado homoxeinizado [PDF]
Bo proveito!