Paella, crema de sol e poesía feita a pulso

veranEntrevistáronme para o Caderno de Verán do Sermos Galiza.

Falo sobre os poemarios feitos a man, sobre o ben que o pasamos os Terbutalina cando imos de piscina municipal en piscina municipal e sobre o efecto afrodisíaco de untar os pezóns con sangue de caramuxa.

Todo iso, e máis, poderás lelo AQUÍ [PDF].

Advertisements

Pasiño a pasiño, la poesía en tu cara!

FESTADespois dun par de semanas pola terra que viu nacer a celebridades da talla de Beatriz Manjón, a Romay Beccaría ou a Hugo Mallo, volvo a andar por corredoiras rioxanas.

Até agora puiden entregar xa uns cantos poemarios, sobre todo á xente que me contou que andaba por Compostela. Dentro de semana e pico volverei e continuarei o reparto entre quen me dixo que andaría pola Coruña (y aledaños), por Vigo (y sus terrazas), a quen aínda me falta por Compostela (y sus caldos) e por outras latitudes.

No os preocupéis, ¡la poesía no escapa vuestra!

 

No traje traje de baño

traxe de baño

—Pois podes quedar na area lendo, non?

Chega o verán e, con el, vuelvo al terruño. Tras entregar o primeiro poemario feito a man aproveitando as semanas que pasei por Cataluña, volvo cargado de ilusións e de letriñas gravadas a pulso a Galicia.

Estas semanas irei contactando con cada unha das persoas que reservaron un dos cadernos para llo entregar, en base a resposta aos últimos contacto mantidos vía mail.

Es muy fásil, si lo piensas.

Non desesperedes! O verán xa chegou e vén cargadiño de licor literario!

 

¿Qué opina de los poetas y de los lunes?

POETAS DINVERSOS

 —¡A mí no me hacer preguntas ningunas que me va a dar un ataque!

O pasado luns tiven o pracer de formar parte do Poeta Di(n)versos, no Centro Ágora da Coruña (Samu, iso xa nolo dixeches hai unha semana… Es ben pesado!). Resultou ser unha experiencia demasiado boa para o que se espera normalmente dun recital a golpe de luns.

Ademais de agradecer a todas as persoas que se achegaron até o evento, a Lello (un grande) e, of course, a Kiko; tamén quero destacar a gratísima experiencia de participar neste ciclo por disfrutar de primeira man da profesionalidade, a minuciosidade e a dedicación de Yolanda Castaño no seu rol de organizadora. Un auténtico luxazo, de verdad de la buena.

[ACTUALIZACIÓN]

No programa ZigZag da TVG emitiron uns fragmentos do recital no Ágora [a partir do segundo 33 e do minuto 1:34].

Coruña, la ciudad donde nadie es foraminífero

RECITALAínda que dubido que noutra cidade alguén poida ser un protozoo mariño provisto dunha cuncha calcaria con buracos pequenos, todo sexa dito.

O vindeiro luns día 20 irei recitar uns versos ao Centro Ágora da Coruña dentro do ciclo Poetas Di(n)versos. Nesta ocasión, ademais de me padecer, poderedes disfrutar da poesía do italiano Lello Voce.

Todo dará comezo ás 20.30 e é con entrada libre ata completar aforo. Así que, ionquis de lo poético, tócavos espabilar, coller sitio e reservar o asento do lado para os vosos amigos invisibles (se che mola a poesía, non has de estar moi ben da cabeza).

Tedes máis información sobre a cita na web de Coruña Cultura.

“La ciudad donde nadie es foraminífero”… Tremenda parvada…

 

UFO poético!

LANZAMENTOO importante non era chegar lonxe; era todo o que vías desde a fiestra durante a viaxe ou a escasa diferenza entre un home e un rato cando tes o embigo a anos luz das contras do teu cuarto.

Lánzase un novo podcast coa materia poética como combustible fósil. Sonoriza o teu estómago e a túa alma con Poética Lunik.

Estrean o perigoso artefacto dándolle vida a un texto do meu Inflamable. Escoita a Nieves Rodríguez lendo algo que escribín coas mesmas mans coas que constrúo os postes das porterías na praia.

http://www.ivoox.com/pl001-samuellparis_md_4308468_wp_1.mp3″

Rosalía de Castro el que no bote!

rosalía

Hoxe celébrase El Día Loco de Rosalía de Castro para conmemorar que xa hai máis institutos e rúas co nome da poeta que de Castelao. Tremendo win!

Para celebralo, acaba de publicarse unha obra colectiva na que colaboramos 150 escritores titulada 150 Cantares para Rosalía [PDF]. A idea era que a cada persoa se lle desen uns versos de Rosalía para que armase un novo texto a partir deles. Es muy fásil, si lo piensas.

Ao ir en orde de nacemento, o meu texto aparece cara ao final, na páxina 391. Con todo, deixo tamén aquí a miña colaboración:

Texto de Rosalía

Págueche Dios, bon poeta,
esa esperanza de groria,
que de teu peito surxindo,
á Virxen-mártir coroa;
i ésta a recompensa sea
de amargas penas tan fondas.

Texto de Samuel L. París a partir dos versos de Rosalía

carricanta de oitocentos tetos
que
como un alvia calquera
escaralla o sorriso de todos os stringer bells (business)
e todas as feminimigas dos alvia-madrecita

[CORO DE NEGROS MONGOLOIDES]

a vida só é un vidro que se move demasiado rápido
a vida só é unha ruleta soviética e ti sabes por qué nos odias
a vida só é unha esperanza que esvara dun teto agre
we don’t need to dream no more (we don’t need to dream no more)

págueche dios bon poeta / págueche mil veces dez mil / esa esperanza de groria / que de teu peito surxindo / infectado xa no amencer dos soles infectados / a virgen-mártir coroa / … / i esta a recompensa sea / de amargas penas tan fondas / e escuras

carricanta de oitocentos tetos infectos
que
como un alvia calquera aberto en oito
escaralla o sorriso significándose ácrata mil veces dez mil

Ionquis da poesía…

IONKIS DA POESÍABen, onte vinme un tanto superado coa demanda, pois non estimaba que o asunto podería funcionar como funcionou. Que lle vou facer?

Intentando contentar a parte da xente que agora mesmo está en lista de espera e a risco de ficar sen brazo e vista, podo anunciar que conseguín 10 cadernos máis, co cal o número total ascende a 25 exemplares.

Agora mesmo (agora, agora) estou avisando a xente que está ata na lista de espera. Segundo confirmedes, iredes entrando na lista de confirmados. It’s easy.

Por suposto, caso de non ter resposta nuns días ou de me lo he pensado mejor, pasarei á seguinte persoa na lista de espera. Así que aínda podes entrar na lista de espera en omeupoemario@gmail.com.

Para rebaixar o ton dun artigo tan espesiño, deixo un vídeo estúpido para confundir aínda máis as vosas psiques. Si ou que?

 

É agora ou nunca

CADERNOS 1

Preséntoche os cadernos nos que me encarguerei de escribir a man o meu novo poemario. Son uns pequenos bechos dunhas cento e pico follas, elaborados integramente a partir de material reciclado e dun tamaño de 15×10’5 cm.

Volvo explicar brevemente en que consiste todo isto (o pracer da repetición) antes de comentar cómo poderás conseguir o teu exemplar:

  • O meu novo poemario estará escrito a man.
  • Cando digo que vai ir escrito a man, quero dicir que SÓ vai ir escrito a man. Os textos desta fornada non verán a luz de ningún outro xeito.
  • Cada un dos exemplares terán unha parte de material único. Cada exemplar vai ser único. Vai ser irrepetible. É agora ou nunca.
  • Só se poderán reservar previa demanda. Isto é un pacto entre ti mais eu. Un cara a cara.

CADERNOS 2

Ben. Fica dito. Agora moito ollo porque se queres un exemplar, deberás saber que:

  1. Só se publicarán 15 exemplares do poemario.
  2. Os exemplares asignaranse por orde cronolóxica de reserva. Quen o pida primeiro, terá un exemplar. Se chegas tarde, ficarás sen o teu poemario.
  3. Cada exemplar terá un valor de 25 ouros.
  4. Os poemarios entregaranse en xuño. Buscarase a forma menos custosa e máis sinxela de realizar a entrega para cada persoa.
  5. A reserva pódese realizar desde xa enviando un correo a omeupoemario@gmail.com. Indica no correo que desexas reservar o teu exemplar canda o teu nome completo. Nuestros responsables de atensión al cliente se pondrán en contacto con usted.

Podes consultar calquera asunto con respecto a todo isto no mesmo enderezo de correo.

É agora ou nunca, sabías?

[ACTUALIZACIÓN]

Pois esgotáronse os exemplares en menos de dúas horas… Estou totalmente sorprendido!

Con todo, se non chegaches a tempo, anímoche a que igualmente mandes un correo a omeupoemario@gmail.com e pasarás a unha lista de espera. No caso de que algunha reserva se caia, informaráseche debidamente.

Agradecido enormemente a todo o mundo!